Esta mañá a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da que Galiza Nova forma parte, entregou no Rexistro da Xunta de Galiza as sinaturas contra a LOMCE de galeg@s vinculad@s á produción cultural, á lingua, á literatura, á arte e á música.
487 sinaturas foron entregadas pese a que a policía nos impediu o paso ás e aos representantes da cultura e das organizacións que formamos parte da Plataforma cando nos dirixiamos ao Rexistro da Xunta.
Agustín Fernández Paz, Suso de Toro, Xabier Docampo, Rafa Vilar, Marta Dacosta, Isabel Risco, Pepe Carreiro, Xosé Lois O Carrabouxo, Guillerme Ignacio Costa de Quempallou, Bieito Lobariñas de Zurrumalla, Rubén Fernández de Alvariza, Antón Castro de Fuxan os Ventos, Marcos Maceiras, presidente da asociación cultural O Galo e Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización, acudiron ao acto de entrega de sinaturas xunto ás e os representantes das organizacións que formamos parte da Plataforma.
Estas sinaturas súmanse ás 10.000 xa recollidas entre a comunidade educativa para rexeitar a LOMCE.