A exposición sobre a denuncia do patriarcado na obra de Castelao chega ao Carballiño

caballinho

Este martes presentaremos no Carballiño a exposiición sobre a denuncia do patriarcado na obra de Castelao, unha recompilación das láminas de Daniel Afonso Rodríguez Castelao sobre a figura das mulleres e a denuncia das desigualdades elaborada pola Asemblea de Mulleres de Galiza Nova.

A inauguración da exposición terá lugar este martes 8 de abril ás 18 horas no Casino do Carballiño (Rúa Principal), a cargo de Lucía Castro, responsábel comarcal da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova. Poderás visitar a exposición no Casino até o 18 de abril.