Avante a revolución bolivariana!

Denunciamos novamente o intento golpista que a dereita está a desenvolver contra o goberno bolivariano de Venezuela. Desde Galiza Nova, vimos de enviar ás nosas amigas e amigos do Xuventude do Partido Socialista Unido de Venezuela a nosa máis sincera solidariedade fronte as agresións económicas, políticas, mediáticas e diplomáticas que o pobo venezolano está a padecer. Así mesmo, quixemos transmitir tamén o noso gran entusiasmo ao coñecer que fracasou o novo plan golpista da dereita e o imperialismo

O noso compromiso estivo e estará sempre cos pobos que loitan pola independencia e a soberanía como ocorre en Venezuela desde o trunfo do Comandante Hugo Chávez.

Os aliados do imperialismo e a oligarquía internacional veñen desenvolvendo todo tipo de estratexias e malas armas para desestabilizar o proxecto político que representa o movemento bolivariano tanto para Venezuela como para o conxunto de América Latina. Unha tarefa para a que encontraron aliados tamén no propio país.

Non obstante, estamos seguras de que ningún plan escuro e vil poderá coa forza dun pobo que loita, conscientemente, pola súa dignidade e liberdade.Temos a certeza de que o proceso revolucionario bolivariano e a construción da Patria Socialista é imparábel.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *