A loita pola liberación dos pobos

Neste momento no que a soberanía das nacións sen estado está a ser debatida no conxunto do estado español dado o desafío ao sistema estabelecido que representa o referendo de autodeterminación que celebrará o pobo catalán o 1 de outubro, Galiza Nova realizaremos un coloquio o vindeiro martes 19 de setembro ás 18:00h  na Facultade de Filosofía (Aula 1) de Compostela.

Nel participará un dos principais referentes da esquerda abertzale, Pernando Barrena, Responsábel Internacional de Sortu, que nos achegará a situación actual de Euskal Herria en pleno debate sobre o modelo territorial do estado, para coñecer de primeira man a loita e a situación que enfronta o pobo vasco nos últimos anos. Dende Catalunya participarán Pau Morales, Portavoz das JERC e Gonzalo Bonnin, membro da área de internacional das JERC para falar da situación de Catalunya con respecto á convocatoria do referendo e á consecución da súa independencia, e analizando a necesidade de Galiza de contar con soberanía para mellorar as condicións de vida do pobo galego intervirá Navia Rivas, responsábel de Internacional de Galiza Nova e integrante do consello nacional do BNG.

Como demócratas apoiamos o referendo do día 1 de outubro, apoiamos a loita do pobo catalán pola súa independencia.

Visca Catalunya Lliure!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *