Este vindeiro sábado 11 de outubro ás 19:30h na Casa de Cultura Castelao de Moraña realizaremos unha asemblea aberta para as persoas mozas do noso concello. O debate, a opinión da mocidade, o intercambio de ideas, a contribución e participación é fundamental para construír un futuro mellor para Moraña, para construír unha Galiza con futuro para a mocidade.
Vémonos o sábado!