A mocidade construíndo futuro. Ven á asemblea aberta da mocidade en Ourense

actosO debate, a opinión da mocidade, o intercambio de ideas, o activismo e participación son fundamentais para construír futuro en Ourense, para construírmos unha Galiza con futuro para a mocidade.

Convidámoste a participar este martes 28 de outubro, no Café Ollo Ledo, na Praza Maior de Ourense, nun encontro aberto no que podermos falar e intercambiar ideas sobre as problemáticas da mocidade galega como a falla de oportunidades para vivir na nosa terra, o desemprego xuvenil, os retrocesos en igualdade, dereitos e liberdades… e buscarmos xuntas e xuntos as alternativas necesarias para que na nosa nación a mocidade poida vivir, estudar e traballar con dignidade.

Debate, propón, actúa!

Vémonos o martes no Ollo Ledo!