Nesta Diada 2017, a mocidade nacionalista envía un ano máis todo o apoio e solidariedade nesta data tan importante para os Països Catalans. Milleiros e milleiros de catalás e cataláns saíron ás rúas para reivindicar o dereito a decidir libre e democraticamente o seu futuro como nación nos últimos anos.
As mozas e mozos de Galiza Nova temos o convencemento de que o pobo catalán dará de novo un exemplo de dignidade e loita pola independencia tanto nesta Diada como o vindeiro 1 de outubro.
Sen dúbida, esta Diada será todo un éxito e o apoio popular repetirase nos vindeiros retos que o nacionalismo ten por diante en Catalunya. Ademais, a cercana consecución da autodeterminación de Catalunya dará forza e ánimo a todos os pobos en loita para continuar adiante até a conquista da nosa independencia, da nosa liberdade.
O camiño de Catalunya xa non ten volta atrás, e nel queremos acompañarvos.
Visca Catalunya lliure!
Viva Galiza ceibe e popular!
.@rubencela Estamos nesta #Diada2017 histórica por solidariedade co pobo catalán, mais tamén porque a súa loita é a loita do pobo galego. ✊😊 pic.twitter.com/zI70bbOkyC
— BNG (@obloque) 11 de septiembre de 2017
.@rubencela e compañeirxs do @BNGCatalunya participan da ofrenda a Rafael Casanova con @Esquerra_ERC e @ehbildu na #Diada2017 pic.twitter.com/azI262Qndp
— BNG (@obloque) 11 setembro 2017