A mocidade galega na defensa da Terra! Galiza Nova na manifestación contra a megaminaría.

A nosa organización participou este domingo 2 de xuño na masiva manifestación nacional contra a megaminaría contaminante e en defensa da Terra. Galiza Nova percorreu as rúas de Compostela ao berro de “estamos fartos de ser unha colonia” e “nin arsénico nin cianuro, queremos aire puro” até chegar a Praza da Quintana, ateigada por milleiros de galgas e galegos en loita contra a ameaza ambiental dos proxectos mineiros que afectan a toda Galiza: Corcoesto, O Galiñeiro, Castrelo de Miño, Xinzo, Cartelle, A Terra Chá, O Iribio, Santa Comba, Zas, Pinzás, A Penouta…

Galiza non é unha mina!

Desde a nosa organización continuaremos mobilizándonos contra a ameza de converter Galiza nunha gran mina e denunciamos o colaboracionismo de Núñez Feijóo coas multinacionais que pretenden expoliar a nosa nación e destruír a nosa riqueza ambiental.

Bótalle un ollo a continuación á galería de imaxes desta manifestación!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *