a mocidade galega pola paz, contra o imperialismo

exerc

Como antimilitaristas, en Galiza Nova sempre estivemos en contra dos exércitos; e somos conscientes de que o primeiro militarismo ao que Galiza se enfronta e o primeiro que pretende vencer e abolir na nosa terra, é o español.

O exército español sempre estivo ao servizo do mantemento do imperio colonial e a defensa do sistema imperante.
Ao España perder a maioría das colonias, o exército reconverteuse no mecanismo máis forte de opresión nacional para Galiza, Euskal Herria e os Països Cataláns. Actualmente, o exército simula cumprir un papel internacional humanitario, mais o seu papel é asignado polos organismos imperialistas ao servizo da defensa dos intereses económicos-financieiros do bloque occidental. É falso que o exército español interveña para salvar vidas ou para alimentar aos pobres. Só buscan salvagardar a unidade de España, someter a Galiza, e sentar as bases de influencia económica de EEUU e o capital en todo o mundo.