A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público insta ao goberno galego a que esixa a retirada da LOMCE

Galiza Nova participou na presentación do escrito da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público dirixido ao conselleiro de Educación para que o goberno da Xunta de Galiza esixa a retirada da LOMCE, ante a exclusión do galego no ensino e a invasión das competencias de Galiza en materia educativa que contempla a reforma educativa do Partido Popular.

Desde Galiza Nova esiximos ao conselleiro de educación que escoite a contestación social maioritaria das galegas e galegos contra a LOMCE e que por tanto se posicione contra esta reforma educativa, do mesmo xeito que están a facer gobernos doutros territorios do estado.

Non ao modelo educativo do PP!
O ensino é un dereito e non un privilexio!