A Policía acosa a 12 militantes de Galiza Nova na Coruña

IMG-20140330-WA0004Na tarde de onte, ás portas do estadio de Riazor, 12 mozas e mozos da nosa organización foron identificad@s pola Policía Española por defenderen o dereito ao emprego e por amosar cartaces contra a emigración xuvenil na Coruña.

Retencións, ameazas, identificacións e represión a unha mocidade que defende o dereito a traballar dignamente no noso país. Son múltipes os xeitos polos que a nosa organización vén sufrindo represión policial nos últimos anos. Na última hora da tarde de onte, nas inmediacións do Estadio de Riazor na Coruña, sumamos á lista de actuacións represivas 12 novas identificacións arbitrarias por, segundo a propia Policía Nacional, “realizar un reparto ilegal

12 militantes de Galiza Nova, entre eles varios menores de idade, atopáronse cunha nova mostra dunha actuación policial desproporcionada; motivada unicamente por repartir voandeiras e amosar cartaces en defensa dun futuro digno na nosa terra. Xa que logo, denunciamos publicamente, unha vez máis, unha estratexia policial que ten como único obxectivo meterlle medo á mocidade organizada. 

Non nos calarán!