A revolución cubana en Caldas

Cuba CaldasHai unhas semanas coñecíamos a nova da morte de Fidel Castro, líder da Revolución cubana e loitador incansábel pola soberanía da súa terra. Este feito non pode pasar inadvertido para as que compartimos desde outras nacións do mundo ese espírito liberador, é necesario perpetuar a memoria del e de todas as figuras que teceron solidariedade internacionalista fronte á barbarie ianqui e imperialista.

É por iso que desde a asemblea local de Galiza Nova no Umia decidimos traer a Caldas a mirada experta da Asociación de Amizade Galego-Cubana e da responsábel de Relacións Internacionais do BNG.

Para derrubar moitos dos mitos que están a construír os grandes medios de comunicación é necesario que nós mesmas teñamos claro que os triunfos sociais da Revolución permitiron ao pobo cubano gozar duns dereitos insólitos na súa rexión e, sobre todo, mantendo a independencia do xugo do capital trasnacional, que tanto dano fixo en América Latina.

Convidamos pois a toda a mocidade, pero tamén a calquera persoa interesada, a que veña este xoves 29 ao Centro Comarcal e participe desta produtiva conversa