Este venres 4 de maio, dende Galiza Nova A Coruña, organizamos una palestra e debate sobre a Situación actual do monte galego no local do BNG na cidade da Coruña ás 19:30. Participa nesta palestra Amancio Sotillo, membro de Asociación Ecoloxista ADEGA.
A palestra ten como fín coñecer e comprender a actual situación do monte galego, tendo en conta a vaga de lumes sufida no mes de novembro e as medidas que deberian de implementarse para a mellora de este nos próximos anos, e como a xuventude da Galiza pode colaborar e comprometerse. Outro dos puntos a tratar, será o papel dos nosos montes na economía do país e no futuro da mocidade, como posible punto de creación de emprego, sendo unnha iniciativa que pode ter repercusións moi positivas no coidado e mantemento da masa arbórea e autóctona da nosa terra.