A situación internacional tras Trump en Compostela

Este xoves, 30 de marzo, ás 20:00h desde Galiza Nova organizaremos un coloquio na Facultade de Ciencias Políticas (Aula 1.1) sobre os cambios que se están a dar no panorama internacional tras a chegada ao poder de Trump nos EUA, coa participación de Duarte Correa (analista internacional), Bernardo Valdés (economista e profesor da USC) e Elba Casal (militante de Galiza Nova).

Con este coloquio pretendemos analizar en profundidade os cambios que se están a producir no panorama internacional tras a vitoria de Trump e as relacións de poder que comezan a emerxer a raíz da mesma, entre outros temas.

Enmarcamos este acto nunha xeira de análise internacionalista, na procura de fuxir das análises simplistas e unidireccionais que nos ofertan os medios do sistema. É tan bo Obama como nos dicían? Vai ir todo tan mal con Trump? Existe “medo” na oligarquía ao que poida facer Trump? Como van evoluír o TTIP, a OTAN e os conflitos na Palestina e en Siria?

Achégate a debatelo connosco!