Este venres, 24 de febreiro, ás 19:00h desde Galiza Nova organizaremos un coloquio na Casa da Luz (Praza da Verdura, s/n,z Pontevedra) sobre os cambios que se están a dar no panorama internacional tras a chegada ao poder de Trump nos EUA, coa participación de Duarte Correa (analista internacional) e Iria Figueroa (militante de Galiza Nova).
Con este coloquio pretendemos analizar en profundidade os cambios que se están a producir no panorama internacional tras a vitoria de Trump e as relacións de poder que comezan a emerxer a raíz da mesma, entre outros temas.
Enmarcamos este acto nunha xeira de análise internacionalista, na procura de fuxir das análises simplistas e unidireccionais que nos ofertan os medios do sistema. É tan bo Obama como nos dicían? Vai ir todo tan mal con Trump? Existe “medo” na oligarquía ao que poida facer Trump? Como van evoluír o TTIP, a OTAN e os conflitos na Palestina e en Siria?
Achégate a debatelo connosco!