ABERRI EGUNA: OS POBOS DECIDEN!

Con motivo do Aberri Eguna, desde Galiza Nova queremos amosar un ano máis toda nosa solidariedade internacionalista coa mocidade de Euskal Herria que loita pola liberación nacional e a emancipación social.

Compartimos a alegría polo éxito da manifestación convocada neste Aberri Eguna pola rede Independistak, e sumamos a nosa voz á de milleiros que desde Iruñea claman pola independencia. Por unha Euskal Herria libre que camiña xa, e por si propia, cara á normalización e liberación do país; a pesares dos atrancos e ataques que día a día lanzan desde o Estado español.

Galiza Nova quere sumarse, pois, ao conxunto da sociedade vasca que continúa a diario a traballar barrio a barrio, vila a vila, cidade a cidade, pola consecución dunha nación plenamente soberana, socialmente xusta e equitativa.

O podre réxime español e o capitalismo continúan a estrangular os nosos pobos. Mais vivimos un momento no que procesos de liberación nacional e social están a emerxer en Europa e os porcesos independentistas están a constituír a forza que rachará co actual marco político e económico. Nestes procesos, Euskal Herria, Galiza e Països Catalans tamén culminarán o seu propio proceso de ruptura democrática. A transición rematou. É a hora da xuventude e dos pobos.

Gora Eukal Herria Askatuta!
Viva Galiza Ceibe e Popular!