A nosa organización chama á mocidade galega a participar da manifestación nacional deste domingo 16 de xuño contra a repenalización do aborto e os ataques aos dereitos das mulleres, convocada pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, da que a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova forma parte.
Baixo o lema ‘Aborto libre e gratuíto: as mulleres decidimos’, a mobilización partirá este domingo ás 17 horas da estación de ferrocarrís de Compostela.
Ademais, ao longo desta semana, a Plataforma convoca actos en diversas comarcas contra os ataques do PP aos dereitos das mulleres e as políticas machistas que o goberno pretende implantar, e que provocarán a perda de dereitos fundamentais das mulleres conseguidos grazas a moitos anos de loita incesante.
Hoxe máis que nunca, en nós non manda ninguén. Soberanas!
Aquí tes as datas e lugares dos actos que a Plataforma realizará ao longo desta semana:
– Compostela: mércores 12 ás 12.00h – concentración diante do Parlamento, coincidindo co debate da ILP promovida pola Plataforma.
– Lugo: martes 11 ás 19.30h – performance e pasarrúas desde a Praza Maior.
– Ourense: xoves 13 ás 20.30h – rodearase a Catedral.
– A Coruña: venres 14 ás 19h – pasarrúas con saída da Praza de María Pita.
– Pontevedra: venres 14 ás 20.15h – mesa redonda sobre o aborto na Casa das Campás.
– Ferrol: venres 14, ás 18h – acción protesta diante dos locais do Opus Dei e a sede do PP.
– Compostela: domingo 16, ás 17.00 horas – Manifestación Nacional desde a estación de ferrocarrís.