Desde Galiza Nova amosamos toda a nosa solidariedade coas tres persoas que serán xulgadas por facer parte dunha protesta contra a LGTBifobia do profesor Domingo Neira na USC. Neste senso, consideramos inadmisíbel que se xulgue o estudantado e que non se actúe con contundencia contra o comportamento reiterado non só de Neira senón tamén de Luciano Méndez cando, en ambos os dous casos, os docentes non só promoveron ideas machistas e LGTBifobas senón que en ningún caso se retractaron das mesmas.
A Universidade debe ser un espazo no que se promovan valores humanos e de respecto entre iguais polo que deben ficar fóra dela discursos machistas e de odio. Quen debe ser punido polo seu comportamento é Domingo Neira e en ningún caso o estudantado que o 3 de outubro sentará nos xulgados de Fontiñas, Compostela. Desde Galiza Nova amosamos pois o noso apoio e solidariedade con Antía, Atanes e Mario e exiximos á USC que expulse das súas aulas ao profesorado machista e LGTBifóbico.