Acción expansiva polo dereito ao aborto

Ante a repenalización do aborto que está a artellar o Partido Popular, a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova realizará unha acción expansiva en diferentes localidades da Galiza. Máis de 14 actos simbólicos terán lugar este venres e sábado, nos que se enviarán desde as oficinas de correos a esixencia das mozas galegas a Feijóo e Gallardón de que desistan do seu ataque contra as mulleres. Ademais tamén lles enviaremos unhas cantas sorpresas!

Horas e lugares dos actos:

Venres 7 de febreiro ás 18:30h

Compostela: Trva. do Franco, 4
Lugo: San Pedro, 5
Ourense: Progreso, 53
Ponteareas: Azorín, 9
Ribadeo: mensaxería Halcourier Avenida de Galiza, 8
*A Coruña: acto na estación de ferrocarrís (ás 20h)

Sábado 8 de febreiro ás 12h

Cee: Ourense, 2
Ferrol: Pza. de Galiza, s/n
Ponteceso: Campo da Feira, 36 (ás 12:30h)
Pontevedra: Oliva, 19-21
Ribeira: Correos, 1 – 15960
Verín: Laureano Peláez, 20
Vigo: Pza. de Compostela, 3