O vindeiro sábado 2 de agosto, dende ás 10 da mañá, terá lugar un roteiro pola beira do río Tea ao seu paso por Mondariz, organizado pola organización xuvenil Galiza Nova. Será un percorrido de 1,5 quilómetros, saíndo da praia do Val e rematando na praia do Balneario.
As mocidades do BNG lembran que Sanidade suspendeu a calidade das augas de Mondariz
Durante o percorrido, realizaranse pequenas charlas sobre a flora e a fauna e a problemática da contaminación das augas. As mocidades do BNG lembran que “na praia do Val, en Mondariz, Sanidade suspendeu recentemente a calidade das augas de baño polos altos niveis de contaminación”. Ademais, desde Galiza Nova recalcan que “non é un problema novo; é a cuarta vez no que vai de verán que Sanidade suspende a calidade das augas e xa se ten repetido esta situación en anos anteriores sen que o goberno do PP puxese ningunha solución”.