Achégate ao encontro de mocidade de Melide!

melide actoEste vindeiro venres 15 de maio, a mocidade de Melide temos unha cita no Mesón O Barril ás 20h!

No encontro aberto de mocidade poderás charlar co candidato á Alcaldía de Melide, Xosé Igrexas, e co Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera. Así mesmo, tamén contaremos coa presenza de Adrián Iglesias, Zeltia Laya, Pablo Villasante e Daniel Blanco, membros da candidatura do BNG-Asembleas Abertas.

Achégate e participa! Escoita as nosas propostas e comparte con nós as túas inquedanzas e ideas.

Fagamos un Melide mellor entre tod@s!

Depende de nós!