Acode ao obradoiro sobre micromachismos en Pontevedra

10372983_374180792748056_4310558689966790225_oCon quen falabas?
Os nenos non choran!
Vas demasiado sexi!
Quen te chamou?
Que hai de cea?

Os micromachismos son unha forma de violencia cotiá que se exerce contra as mulleres para coartarnos e agredirnos. Ficamos rodeadas permanentemente destas situacións, e ese é só un dos moitos motivos de importancia polos cales temos o deber e a obriga de recoñecelos e actuar fronte estas situacións.

A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova Pontevedra organiza o vindeiro 6 de febreiro, ás 20h, no bar A Panela (praza de Barcelos), un obradoiro sobre micromachismos para animar á mocidade a achegarse, falar, debater e aportar novos puntos de vista e así poder localizar e combater os micromachismos no día a día.

Achégate e participa!