Acode ás concentracións contra o xenocidio do pobo palestino.

palestinaGaliza nova chama á mocidade galega a participar das concentracións convocadas para este luns contra a brutal agresión imperialista por parte do Estado de Israel ao pobo palestino residente na franxa de Gaza, con contínuos bombardeos sobre a poboación e edificios civís.

As mobilizacións serán ás 20 horas en:

-Compostela (Praza do Toural)

-Ferrol (Praza de Armas)

-Ourense (Praza do Ferro)

-Vigo (Farola de Urzáiz).

Dentro da nova campaña militar israelí, chamada Borde Protector, asasinouse a máis de 15 e persoas e ducias resultaron feridas polos bombardeamentos israelís na franxa de Gaza. Todo fai esperar o peor, pois o Presidente israelí Benjamin Netanyahu lanzou o aviso ás tropas imperialistas que esta será unha “longa, continua e dura campaña contra Gaza”.

Mais esta non é a primeira das agresións de Israel ao pobo palestino. Na Franxa de Gaza arredor dun millón e medio de palestinos estiveron, e están, a vivir nun auténtico campo de concentración, sometido a blocaxe e peche de fronteiras, á restricción dos bens básicos e o expolio dos seus recursos naturais, a cortes de auga e luz, á destrución de infraestruturas e a incursións militares e asasinatos.
Galiza Nova, organización xuvenil do Bloque Nacionalista Galego, durante os nosos 26 anos de solidariedade con todos os pobos que loitan pola súa soberanía e de loita antiimperialista, temos amosado o noso apoio e compromiso claro e contundente coa causa do pobo palestino a través de diferentes actos: charlas, murais, proxeccións…e temos condenando a política criminal do Estado de Israel, coa complicidade dos EEUU, ademais da nula vontade por parte da ONU de facer cumprir as resolucións e acordos referentes á retirada israelí dos territorios ocupados.

Hoxe todas e todos os galegos somos palestinos e nese sentido a nosa organización solidarízase e reclama máis unha vez paz e liberdade para o pobo palestino, a configuración dun estado propio Palestino e libre que integre todos os territorios que histórica e lexitimamente lle pertence, e o remate da agresión militar sionista ao mesmo tempo que demandamos do goberno do Estado accións contundentes para aillar ao Estado Israel.

Dende Galiza Nova seguiremos no noso camiño de denuncia do sionismo e das agresións do imperialismo e mobilizarémonos cos pobos, que como o palestino, loitan pola súa liberdade.

PALESTINA VENCERÁ!