Ante o asasinato machista de Beatriz Rodríguez Mariño e Sergio Rodríguez Fernández o pasado venres en Arbo, presuntamente asasinados a mans da ex parella dela; desde Galiza Nova enviamos toda a nosa solidariedade ás familia e amizades e chamamos a toda a sociedade galega a participar das concentracións convocadas para visualizar a condena ao terrorismo machista.
Concentracións:
Luns 6 de xullo ás 20h
Compostela: Porta do Camiño
A Coruña: Obelisco
Ferrol: Praza do Concello
Ourense: Subdelegación do Goberno
Vigo: Marco
Non perdoamos ao goberno os seus recortes en igualdade e en axudas ás vítimas do terrorismo machista. Por iso temos que continuar saíndo á rúa, para denunciar todo tipo de violencia que se exerce sobre as mulleres e condenar as políticas retrógradas do goberno que está a usar a crise como escusa para xustificar o desmantelamento de todos os avances e dereitos conseguidos até hoxe, deixando na indefensión ás mulleres vítimas da violencia machista.