Acode ás concentracións contra o terrorismo machista!

machismo terrorismoAnte o asasinato machista de Mónica Lorenzo, veciña de Barro e de 38 anos, asasinada a mans do seu marido; desde Galiza Nova enviamos toda a nosa solidariedade á familia e amizades de Mónica Lorenzo, e chamamos a toda a sociedade galega a participar das concentracións convocadas para visualizar condena ao terrorismo machista.

26 de agosto:
Ferrol ás 20:00h diante do Concello
Vigo ás 20:00h no MARCO
Lugo ás 20:30 diante do Concello
Ourense ás 20:00h na Subdelegación do Goberno

27 de agosto:
Compostela ás 20:30h na Porta do Camiño
Na Coruña ás 20:00h no Obelisco

Unha vez máis, esiximos ao goberno que active dunha vez os protocolos adecuados e realice campañas contra o silencio e a complicidade, promovendo a coeducación para avanzar cara a unha sociedade sen violencia e en igualdade.
Non perdoamos ao goberno os seus recortes en igualdade e en axudas ás vítimas do terrorismo machista. Por iso temos que continuar saíndo á rúa, para denunciar todo tipo de violencia que se exerce sobre as mulleres e condenar as políticas retrógradas do goberno que está a usar a crise como escusa para xustificar o desmantelamento de todos os avances e dereitos conseguidos até hoxe, deixando na indefensión ás mulleres vítimas da violencia machista.