Ante o asasinato machista de María Elena Rodríguez Quiroga en Foz, desde Galiza Nova queremos expresar toda a nosa solidariedade coa familia e amizades, e chamamos a participar das concentracións convocadas para visualizar a enérxica condena social á violencia machista que terán lugar na tarde deste luns.
Esiximos ao goberno que deixe de recortar en igualdade e en axudas ás vítimas do terrorismo machista. Temos que continuar saíndo á rúa para denunciar todo tipo de violencia que se exerce sobre as mulleres e condenar políticas retrógradas do goberno que está a usar a crise como escusa para xustificar o desmantelamento de todos os avances e dereitos conseguidos até hoxe, deixando na indefensión ás mulleres vítimas da violencia machista.