Acode ás concentracións de repulsa polas dúas mulleres asasinadas en Cervo

rev

Ante o duplo asasinato machista de Adela Ramos e María José Suárez en Cervo, desde Galiza Nova queremos expresar toda a nosa solidariedade coa familia e amizades, e chamamos a participar das concentracións convocadas para visualizar a enérxica condena social á violencia machista.

O goberno ten que cesar de recortar en igualdade e en axudas ás vítimas do terrorismo machista. Temos que continuar saíndo á rúa para denunciar todo tipo de violencia que se exerce sobre as mulleres e condenar políticas retrógradas do goberno que está a usar a crise como escusa para xustificar o desmantelamento de todos os avances e dereitos conseguidos até hoxe, deixando na indefensión ás mulleres vítimas da violencia machista.

Aquí tes os horarios e lugares das concentracións:

-A Coruña: mércores 15 ás 20h no Obelisco
-Ferrol: mércores 15 ás 20h na Praza do Concello
-Vigo: xoves 16 ás 20h no MARCO
-Compostela: xoves 16 ás 20h na Porta do Camiño
-Ourense: xoves 16 ás 20h na Subdelegación do Goberno
-A Mariña: xoves 16 ás 20h na Praza dos Campos de San Cibrao (Cervo)