Este martes 14 de abril, o Partido Popular (tamén chamado Partido Patriarcal) vai levar a “debate” a reforma da Lei do Aborto, voltando de novo á carga e cuestionando o dereito das mulleres a decidir sobre os nosos corpos. Atacan á franxa de idade máis vulnerable e con menos medios como son as mozas de de 16 e 17 anos, que segundo o PP non poden decidir sobre os seus corpos, pero si poden casar e ter descendencia, asumir responsabilidades importantes e fundamentais na súa vida sen permiso de nais e pais e sen tutoría legal! Queren controlar os nosos corpos e as nosas vidas, mais non llo imos permitir!
Participa nas concentacións convocadas para este martes:
- Vigo, as 19h no Marco
- Coruña, as 19:30h na sede do PP
- Compostela, as 20:30h sede do PP
- Ferrol, 20h Praza de Armas
- Lugo, as 20h sede provincial do PP
Estamos a vivir nunha situación na que as mulleres vemos como os nosos Dereitos Sexuais e Dereitos Reprodutivos están a ser atacados, e no que non se nos deixa decidir sobre o noso corpo.
Hoxe a loita feminista cobra moita máis importancia non só para combater as políticas de cortes da dereita, mas tamén na defensa das nosas liberdades, de ser nais ou de non o sermos, de ter dereito a un aborto libre, gratuíto e na sanidade pública.