1. Renovación da imaxe gráfica
Apróbase a proposta de novo logo para Galiza Nova. Esta proposta non se fará pública ata o día 15 de xullo e durante este mes acórdase realizar un traballo de axitación para xerar expectación arredor desta renovación.
2. Campaña do Orgullo 2024
Apróbase a campaña do orgullo de 2024. No marco desta campaña apróbase facer militante de honra á compañeira Laura Bugallo, delegando na mesa LGBT a elaboración do acto.
3. VI Semana da Patria
Apróbase a proposta de VI Semana da Patria. O prazo de asembleas comarcais é do 10 de xuño ao 5 de xullo e débese comunicar para garantir a presenza da Secretaria Xeral ou Responsable de Organización.
4. Outros traballos
Apróbase participar tanto na marcha anual en contra de ENCE na ría de Pontevedra, que terá lugar o domingo 16 de xuño ás 12.00 con saída das alamedas de Marín e de Pontevedra, como da acción nacional contra Altri, que será o domingo 30 de xuño en horario de mañá e consistirá nunha cadea humana que rodee San Caetano.