Acto e concerto de Nós Candidatura Galega en Moaña

morrazoEste venres, dende as 19:30 horas, celebramos no Bar A Bolera de Moaña un concerto-mitin que contará coa actuación musical do Leo Arremecaghona e Os Ghaiteiros do País.

O acto, que será presentado polo Responsábel Comarcal de Galiza Nova no Morrazo, Pablo Ríos, tamén contará coas intervencións políticas de Tonio Nogueira, veciño de Moaña, e de Alba Cuba, candidata nº1 de Nós Candidatura Galega ao Senado por Pontevedra.

Teremos petiscos para as persoas asistentes, asi como cervexa artesanal galega. Ven pasar un bo anaco connosco e a encherte de forzas para loitar por Galiza!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *