Acto na lembranza dos Mártires de Carral

O domingo 28 de abril, ás 12:30 h, Galiza Nova e o BNG organizan un acto conmemorativo do fusilamento dos Mártires de Carral no monumento que hai na mesma vila (ao pé da N-550).
Intervirán Alba Sánchez (militante da Coruña e membro da Dirección Nacional de Galiza Nova), Vitoria Louro (veciña de Carral e membro do Consello Nacional do BNG) e Xavier Vence (portavoz nacional do BNG).
No 1846, as persoas que deron a súa vida por Galiza xa advertían de que a Nación seguía a ser unha colonia da Corte, ao igual que o é hoxe en día. Unha colonia ao servizo da oligarquía financeira e das decisións políticas que se adoptan polo Estado español, unhas políticas que cercenan a capacidade produtiva, impiden o libre desenvolvemento de Galiza e provocan efectos devastadores punto vista social.

Para asistir, podes utilizar o transporte público. O autobús sae da estación de autobuses da Coruña ás 12:00 h e pasa por Culleredo.