Alerta feminista: concentracións este venres se o Consello de Ministros aproba a reforma do aborto

destacada_cAnte a posibilidade de que este venres o Consello de Ministros dea luz verde á contrarreforma do aborto, chamamos a participar nas concentracións previstas pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, da que Galiza Nova forma parte. A reforma do aborto do PP vulnera os dereitos fundamentais das mulleres e impón a maternidade.Esta reforma supón un verdadeiro atentado contra a soberanía dos nosos corpos!

Concentracións Venres ás 20h:
-Vigo: Farola de Urzáiz.
-A Coruña: Obelisco.
-Compostela: Parlamento.
-Ourense: Subdelegación do Goberno.
-Pontevedra: Praza da Peregrina.
-Ferrol: Praza do Concello.
-Ribadeo: Diante do Concello.