O pasado sábado 15, a asemblea comarcal de Lugo escolleu por unanimidade ás compañeiras Alexandre Espiño e Iria Buide como responsábel comarcal e responsábel de organización respectivamente, substituíndo a Alfredo Gómez e María Seijas.
A nova equipa comarcal ten como principal obxectivo ampliar a base de militantes na comarca e buscar novas estratexias para ilusionar á mocidade de Lugo e animalas a organizarse en Galiza Nova. Tamén se poñen como meta a de buscar solucións aos problemas de comunicación entre localidades xerados polo extenso tamaño da comarca e que implicaron históricamente a centralización do traballo na cidade de Lugo.
Ambas persoas encaran esta nova etapa con moita forza e co apoio das súas compañeiras que contribuirán a mellorar a organización e a loitar polos intereses da mocidade que vive na comarca.