No día de onte, a Asemblea Comarcal de Galiza Nova Lugo Centro reelixiu por unanimidade a Alfredo Gómez como Responsábel Comarcal, e a María Rodríguez como Responsábel de Organización. A reelección prodúcese no marco do proceso posterior á XIV Asemblea Nacional de Galiza Nova, que tivo lugar o pasado 26 de novembro en Compostela. Seguindo os Estatutos de Galiza Nova, despois de cada Asemblea Nacional, as comarcas deben renovar as responsabilidades.
A Asemblea marcou como obxectivo para este novo período a recuperación do traballo en todas as localidades da Comarca, levando a Galiza Nova a ser o referente da mocidade de Lugo. Para isto, escolleuse unha nova Dirección Comarcal formada por mozas e mozos de diversas localidades.
Alfredo e María afirmaron que “nos próximos meses comezaremos a traballar coas localidades onde temos militancia para conseguir formar asembleas locais para conseguir sumar ao proxecto nacionalista do BNG á mocidade da comarca”.
A asemblea contou cunha representación da Comisión Permanente formada por Alberte Fernández, Secretario Xeral, e Alberte Calo.