Vive tres días de convivio e formación nas Xornadas sobre a historia de Galiza; con roteiros históricos e naturais, actos culturais, debates, lecer, letras, concertos que a nosa organización desenvolverá do 20 ao 22 de Decembro.
Xa te podes anotar á XIV edición das Xornadas de Inverno de Galiza Nova que se desenvolverán por primeira vez na comarca de Lugo-Centro. Como en ocasións anteriores, terán un prezo de 20 euros nos que se inclúe a durmida, todos os xantares, ceas e almorzos, as actividades e o transporte.
Bótalle un ollo ao programa completo!
Venres
17:00h Saída do bus desde Compostela.
19:00h Recepción en Lugo.
19:30h Visita guiada á exposición “Galiza nun tempo de seu” . Museo de Lugo.
21:30h Cea
22:30h “Noite en feminino” Concertos e entrega de premios do concurso de relatos feministas. Lugar: Pub O Tren.
Sábado
10:30h Visita ao proxecto de desenvolvemento rural “Vida de Aldea” (Outeiro de Rei) e proxección do documental “A Terra sabe a loita” ca ponencia de Emilio López Pérez “Milucho”.
12:30h. Visita guiada á Casa-museo Manuel María (Outeiro de Rei)
14:30h. Xantar
16:30h. Roteiro “Coñecer o pasado para construír o futuro” casco vello de Sarria e acto reivindicativo na Torre da Fortaleza. A cargo de Carola Casal (Asoc. para a defensa do románico galego “O sorriso de Daniel”)
18:30h Proxección do documental Asolagados, Afonso Eiré (Guionista) e David Vázquez (director) (Portomarín)
21:30h Cea.
23:00h Festa “25 anos pola #soberaníagz” con: Alberto Busto (Lugo), Galyrion (Lugo) e Skholma (Ribadeo) Proposta teatral a cargo da compañía Palimoco Teatro (Lugo) Lugar: Pub O Tren
Domingo
12:00h Visita guiada ao museo ubicado na Fortaleza de San Paio de Narla (Friol)
14:00h. Xantar.