
Vive tres días de convivio e formación na Costa da Morte, con roteiros históricos e naturais, actos culturais, debates, lecer, deporte, letras, concertos… Anótate desde xa ás XXIV Xornadas de Verán da Mocidade G
alega que terán lugar o vindeiro 27, 28 e 29 de Setembro.
Programa das XXIV Xornadas
VENRES 27
17:00 – Saída de Compostela.
18:00 – Chegada a Carnota.
19:00 – “Goberno do pobo, para o pobo” Benvida no Salón de Actos do Concello de Carnota. Proxectos municipais do BNG nos concellos da Costa da Morte.
20:30 – Reivindicación e muralismo. Obradoiro no pavillón municipal de Carnota.
22:30 – Cea-festa “Galeoke: Baila, canta, móvete polo País”.
Durmida no Pavillón Polideportivo de Carnota.
SÁBADO 28
10:00 – Almorzo.
11:00 – Roteiro reivindicativo polo Monte Pindo “Do negro ao verde” coa Asoc. Monte Pindo Parque Natural.
14:30 – Xantar en Mar de Lira.
16:30 – “150 aniversario de Cantares Galegos”. Recital poético a Rosalía na praza Castelao de Lira.
17:30 – “Outro mar é posíbel” Visita á reserva mariña dos Miñarzos e o proxecto Mar de Lira.
20:30 – Palestra: “Galiza Nova: 25 anos pola SoberaníaGZ” Relatores: Alberte Mera, Martiño Santos, e Mario Maceiras.
22:30 – “Concerto polo Monte Pindo” co grupo local “TANTO NOS TEN” e con “OS TRES TREBÓNS” na Praza Verde de Carnota (ou no Pavillón Polideportivo, se chove). Bebidas do país a prezos “populares anticrise”.
DOMINGO 29
10:00 – Almorzo.
10:30 – Visita á “Fervenza do Ézaro, o noso cadoiro”.
11:30 – “Semente de vencer” Recoñecemento da mocidade a Moncho Reboiras na súa rúa de Corcubión.
12 :30 – Roteiro en barco polo mar de Fisterra. Palestra a bordo: “A incidencia das catástrofes marítimas na Galiza e a resposta popular: Caso do Casón e Prestige. Relatores: Manolo García (ex-alcalde de Carnota), Rafael Mouzo (ex-alcalde de Corcubión), Bieito Lobeira (Plataforma Nunca Máis) e ASOAR ARMEGA.
14:30 – Xantar popular na praia da Langosteira de Fisterra.
17:30 – “Costa da Morte, fin da terra” no Faro Fisterra. Ponente: Manuel Gago.
18:00 – Clausura das xornadas e regreso.
O prezo será de 20 € e inclúe durmida, todos os xantares, ceas e almorzos, actividades e transporte.
2 Comments