Desde Galiza Nova queremos amosar o noso rexeitamento ás detencións decorridas esta semana en Compostela. Así mesmo, queremos amosar a nosa solidariedade coas 6 persoas que foron arrestadas acusadas dun delito de “desordes públicas”, “danos contra o mobiliario urbano” e “agresións á autoridade”.
Neste senso, consideramos que as acusacións e detencións -que a policía española relaciona coa mobilización convocada pola frota do cerco o pasado 11 de marzo- toman parte dunha estratexia de criminalización da mocidade galega, como reflicte o feito de seren todas as detidas persoas alleas ao sector do mar e mozas.
Así mesmo, entendemos que este tipo de actuacións responden a un obxectivo claro encamiñado a desmobilizar as mozas e mozos que acotío reaxemos nas rúas ás políticas antisociais promovidas polos gobernos da Xunta e Madrid.
Non á represión da mocidade galega!