Galiza Nova chama á mocidade a mobilizarse este mércores na concentración convocada polo profesorado do IES da Terra Chá. Após as solicitudes de máis recursos humanos por parte do profesorado do IES Terra Chá, a Consellaría de Educación segue a evitar calquera tipo de compromiso que responda á necesidade de cubrir esta eiva. Esta situación levou ao equipo docente a convocar unha concentración diante do devandito centro.
Galiza Nova chama á mocidade de Castro de Rei a participar desta mobilización, que se levará a cabo este mércores 2 de marzo ás 11:30h diante do IES da Terra Chá para continuármonos coa loita por un ensino público, galego e de calidade.