Apúntate coma vulntari@ do Festigal. Faino posíbel!

Festigal 2015 inicia a campaña de inscrición de voluntariado que, nun compromiso decidido, pon parte do seu tempo ao servizo do que constitúe unha das maiores manifestacións culturais do noso país neste evento con máis de 100 actividades programadas que se celebra o 24 e 25 de xullo en Compostela.

A dinámica do voluntariado no Festigal enriquece a convivencia e a participación grazas ao valor social e as sinerxías que se crean ao traballar en equipo de xeito solidario, con rebeldía e con alegría, coa satisfacción de axudar a construír unha Galiza con entidade de seu.

Para colaborar no Festigal realizando unha quenda de traballo voluntario, só tes que enviarnos un email a nacional@galizanova.gal cos teus datos (nome, apelidos, tlfn, localidade, e horario de dispoñibilidade para o 24 e/ou 25 de xullo).

Entre todas facémolo posíbel!