Galiza Nova envía todo o apoio e solidariedade á manifestación de Donostia do vindeiro 17 de outubro para esixir a posta en liberdade de Arnaldo Otegi e do resto de persoas presas polo caso Bateragune. As mozas e mozos de Galiza Nova queremos sumarnos un ano máis ao conxunto da sociedade vasca que continúa a diario a traballar, desde cada barrio, cada vila, cada cidade, pola construción colectiva dunha nación plenamente en paz, soberana e libre, socialmente xusta e equitativa. Por iso sumámonos á esixencia da inmediata liberación de Otegi e a fin da política de dispersión das presas e presos de Eushkal Herria.