As mozas do Condado reivindicamos a visibilización das mulleres na nosa historia

condadoCoa música e a palabra reivindicaremos este venres ás mulleres na histora fronte á invisibilización á que nos somete o patriarcado.
Este venres 7 ás 20:30h Galiza Nova organiza en Ponteareas unha animada homenaxe polo Día Internacional das Mulleres. A través de intervencións de mozas da comarca e de actuacións musicais, lembraremos a importancia das muller na historia moderna, así como o noso dereito a vivir nunha sociedade non patriarcal e igualitaria.

Contaremos coa presenza de mozas como Judit Porto – artista-, Desiré Duarte – ciclista- ou Andrea Rubio -música-, que nos contarán as súas experiencias como mulleres mozas que se desenvolven en mundos inseridos nunha sociedade machista.

A que esperades? Todas este venres ás 20:30h no Auditorio de Ponteareas!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *