A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova da comarca de Vigo organiza unha asemblea aberta de mozas (non mixta) este venres 9 de febreiro ás 20:00 no Bar Princesa (Praza da Constitución), para socializar a convocatoria de folga de mulleres convocada para o 8 de marzo entre as mozas e preparar os traballos de cara as grandes mobilizacións que terán lugar na Galiza para reivindicar os dereitos das mulleres.
Nesta asemblea analizarase tamén, en conxunto coa central sindical, a situación de triple opresión das mozas galegas. Cando dicimos que as mozas galegas estamos oprimidas de xeito triplo non é unha consigna baleira: sufrimos o patriarcado, o capitalismo e vivimos nun País que actualmente funciona como unha colonia do Estado español.
Para iso contaremos coa presenza e as intervencións de Nerea Edreira, responsábel comarcal da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova en Vigo e Iria Salvande, secretaria comarcal da federación da banca da CIG en Vigo.