cartaz 12
Mural da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova en Redondela

Ataques como as denuncias da Garda Civil a membros de Galiza Nova e o BNG pola realización dun mural en defensa do dereito ao aborto non calarán a loita das mozas galegas contra a involución!

Desde Galiza Nova denunciamos a acción da Gara Civil contra un grupo de militantes da nosa organización, denunciad@s pola realización dun mural en defensa do dereito ao aborto libre e gratuíto.

O militante de Galiza Nova e concelleiro en Cambre Daniel Carballada e Vitoria Louro,responsábel comarcal de Acción Feminista do BNG na Coruña, xunto a un grupo de compañeir@s foron identificad@s e cachead@s e incautóuselles o material para a confección do mural.

A persecución do Partido Popular contra a liberdade de expresión e as liberdades e dereitos sociais non calarán a Galiza Nova na loita contra o sistema patriarcal e a favor do dereito das mulleres a decidiren sobre o seu propio corpo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *