Asemblea aberta de mocidade en Lalín

Animámoste a participar na asemblea aberta de mocidade que este sábado 21 terá lugar ás 18:00 en Lalín,  no local do BNG.  Porque co debate, a opinión da mocidade, o intercambio de ideas, o activismo e a participación seremos quen de construír futuro na Galiza para a mocidade.

Convidámoste a participar neste encontro aberto no que poderemos falar e intercambiar ideas sobre as problemáticas da mocidade galega como a falla de oportunidades para vivir na nosa terra, o desemprego xuvenil, os retrocesos en igualdade, dereitos e liberdades… e buscarmos xuntas e xuntos as alternativas necesarias para que na nosa nación as mozas poidamos vivir, estudar e traballar con dignidade.

Debate, propón, actúa!