Asemblea aberta en Pontevedra

adianteConvidámoste a participar no encontro aberto de mocidade en Pontevedra, no que tamén contaremos con Ana Pontón, Portavoz Nacional do BNG. Será ás 19.30h, na Casa da Luz. Vivimos tempos de emerxencia nacional e social!Porque co debate aberto, a opinión da mocidade, o intercambio de ideas, o activismo e a participación seremos quen de construír futuro en Galiza para a mocidade.

Esta asemblea aberta ten lugar dentro do proceso Adiante, que nace do acordo da XV Asemblea Nacional do BNG de iniciar un proceso de refundación do Bloque Nacionalista Galego. Pretende incorporar homes e mulleres que, sen militaren na organización, comparten connosco a necesidade de que exista na Galiza unha expresión política propia nacionalista.

Adiante Galiza e a mocidade!