Asemblea aberta de mocidade este sábado en Tui

ASEMBLEA ABERTA TUIVivimos tempos de emerxencia nacional e social! A mocidade galega e o teu propio pobo precisan de ti! Por iso animámoste a participar na asemblea aberta de mocidade que este sábado 6 terá lugar ás 20h en Tui,  na Sála Félix Rodríguez (Área Panoramica).  Porque co debate, a opinión da mocidade, o intercambio de ideas, o activismo e a participación seremos quen de construír futuro na Galiza para a mocidade.

Convidámoste a participar neste encontro aberto no que poderemos falar e intercambiar ideas sobre as problemáticas da mocidade galega como a falla de oportunidades para vivir na nosa terra, o desemprego xuvenil, os retrocesos en igualdade, dereitos e liberdades… e buscarmos xuntas e xuntos as alternativas necesarias para que na nosa nación a mocidade poida vivir, estudar e traballar con dignidade.

Debate, propón, actúa!