Asemblea aberta de mulleres en Marín

A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova da comarca do Morrazo organiza unha asemblea aberta de mozas (non mixta) este xoves 7 de marzo ás 20:00h no Museo Manuel Torres de Marín, para socializar entre as mozas a folga de mulleres convocada para o 8 de marzo e preparar os traballos de cara as grandes mobilizacións que terán lugar na Galiza para loitar polos dereitos das mulleres.

Nesta asemblea analizarase tamén, a situación de triple opresión das mozas galegas. Cando dicimos que as mozas galegas estamos oprimidas de xeito triplo non é unha consigna baleira: sufrimos o patriarcado, o capitalismo e vivimos nun País que actualmente funciona como unha colonia do Estado español.

Para isto contaremos coa presenza e as intervencións de Lucía Santos, Cadidata á alcaldía de Marín polo BNG, Tania Garrido, integrante da candidatura do BNG á alcaldía de Marín e Laura Cortegoso, Responsábel Comarcal de Galiza Nova O Morrazo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *