Este martes vén participar á asemblea aberta de Galiza Nova en Pontevedra, na que entre tod@s falaremos das principais problemáticas que afectan á mocidade da nosa comarca, así como prepararemos o Día da Patria e o Festigal.
Galiza Nova quere contar coa participación e as propostas da mocidade galega, en clave soberanista e de esquerdas, para artellar máis forte a reposta xuvenil, ampla e contundente, na defensa dun futuro digno con traballo e dereitos para a mocidade galega na nosa terra.
Vémonos ás 18h na Sede Comarcal de Galiza Nova (Rúa Marquesa, nº3, 2ºI)