Asemblea aberta no IES de Cambre

cambre corVivimos tempos de emerxencia nacional e social! A mocidade galega e o teu propio pobo precisan de ti! Por iso animámoste a participar na asemblea aberta de mocidade que este mércores 14 de xaneiro terá lugar no IES Afonso X o Sabio de Cambre, ás 10:10hs para o estudantado da ESO e ás 11hs para o estudantado de Bacharelato. Porque co debate, a opinión da mocidade, o intercambio de ideas, o activismo e a participación seremos quen de construír futuro na Galiza para a mocidade.

Convidámoste a participar neste encontro aberto no que poderemos falar e intercambiar ideas sobre as problemáticas da mocidade galega como os ataques que padece o estudantado galego debido aos recortes en esnino público e a aplicación da LOMCE para, buscarmos xuntas e xuntos as alternativas necesarias para que na nosa nación a mocidade poida vivir, estudar e traballar con dignidade.

Debate, propón, actúa!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *