Asemblea non mixta en Lugo

A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova da comarca de Lugo organiza unha asemblea aberta de mozas (non mixta) este xoves 28 de febreiro ás 20:00h no Local Comarcal do BNG (rúa Miguel de Cervantes, 34, entrechán), para socializar entre as mozas a folga de mulleres convocada para o 8 de marzo e preparar os traballos de cara as grandes mobilizacións que terán lugar na Galiza para loitar polos dereitos das mulleres.

Nesta asemblea analizarase tamén, a situación de triple opresión das mozas galegas. Cando dicimos que as mozas galegas estamos oprimidas de xeito triplo non é unha consigna baleira: sufrimos o patriarcado, o capitalismo e vivimos nun País que actualmente funciona como unha colonia do Estado español.

Para isto contaremos coa presenza e as intervencións de Laura Arrojo, representante da Secretaría de Mulleres da CIG, e Iria Buíde, Responsábel Nacional da Asemblea de Mulleres.